Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (DOI 468/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 468/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Garea Boado contra Segursystem Europa S.L., Servicios de Seguridade Integral e Mantenemento A-1 S.L., e Fogasa sobre despedimento, foi ditado Decreto do 18 de novembro de 2010, co número 167/2020, no cal se ten por desistida a parte demandante da súa demanda e o arquivamento das actuacións. Contra a resolución cabe recurso directo revisión no prazo de tres días.

A resolución está ao dispor da parte nesta oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Seguridade Integral e Mantenemento A-1 S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza