Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2020/186-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reordenación TIB810 e cambio CTI Porriña por CTC.

Situación: Barro.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, en catro actuacións:

1. 359 metros; orixe: apoio existente HV-1600/15; final: centro de transformación (CT) proxectado Porriña.

2. 370 metros; orixe: CT proxectado; final: CT Porriña II.

3. 351 metros; orixe: CT grupo escolar Barro; final: CT rúa Areal.

4. 669 metros; orixe: LMTS existente TIB8109708; final: LMTS existente TIB8109544.

Centro de transformación de 250 kVA con RT 20 kV/400 V.

As instalacións están situadas nos lugares de Estación da Portela, A Porriña, rúa As Baladas, rúa San Antoniño e rúa Areal, nas parroquias de Portela e Perdecanai, concello de Barro.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

– Predio 1.

Concello: Barro.

Lugar: Braña.

Titular: descoñecido.

Afección: 29,18 m² para o centro de transformación.

– Predio 1.

Concello: Barro.

Lugar: A Balada.

Titular: descoñecido.

Afección: 16,27 m² para 5 metros de liña subterránea.