Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (409/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou resolución con data do 17 de novembro de 2020, dirixida a Área de Transportes e Servizos por Estrada do Atlántico, S.L., contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Área de Transportes y Servicios por Carretera del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza