O tribunal nomeado pola Orde do 11 de decembro de 2019 (DOG núm. 240, do 18 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade co previsto na base II.1.5 da orde de convocatoria, que o quinto exercicio do proceso selectivo teña lugar o día 14 de decembro, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano, a partir das 9.30 horas.
Para tales efectos, convócase para a realización do quinto exercicio o seguinte aspirante:
Pigni Giraudo, Agustín |
***8160** |
Para o seu desenvolvemento, o aspirante poderá servirse de textos legais e xurisprudenciais.
O tempo de duración será de cinco (5) horas. O aspirante deberá comparecer o mesmo día ás 16.30 horas para a lectura do exercicio ante o tribunal en sesión pública.
O aspirante deberá presentarse provisto de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
O chamamento para cada exercicio será único, de forma que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2020
Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal