Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2019/224-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 27 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/224-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca.
Concello: Arteixo.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
3 |
Cornedo |
Descoñecida |
14.1.2021 |
10.00 |
4 |
Cornedo |
Descoñecida |
14.1.2021 |
10.00 |
6 |
Cambeses |
Descoñecida |
14.1.2021 |
10.30 |
7 |
Cova do Ouro |
Descoñecida |
14.1.2021 |
10.30 |
10 |
Cova do Ouro |
Descoñecida |
14.1.2021 |
11.00 |
12 |
Viña |
Descoñecida |
14.1.2021 |
11.00 |
13 |
Viña |
Descoñecida |
14.1.2021 |
11.00 |