Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de novembro de 2020, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02111-O-2020 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores XC-02111-O-2020 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 24 de novembro de 2020

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

proposta

XC-02111-O-2020

26-UV-22

514710292

Condución ininterrompida-Igual ou superior a 6 horas e inferior a 8 horas.

12.11.2019; 8.55; AP-9; 79,5

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 197.42.4 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.g) ROTT

1.001 euros

XC-02408-O-2020

3512-KKD

32648666M

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

20.4.2020; 13.50; AC116; 3,7

Art. 60.a) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros

XC-02464-O-2020

1236-JRF

X6627990B

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

5.3.2020; 10.05; N-550; 42,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 198.21 ROTT

Art. 143.1.d) LOTT

Art. 201.d) ROTT

401 euros

XC-02465-O-2020

1236-JRF

X6627990B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

5.3.2020; 10.05; N-550; 42,5

Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros