Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea M.S.O. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea M.S.O. I, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 28 de agosto de 2020, Óscar Suárez Pimentel solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea M.S.O. I.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Óscar Suárez Pimentel (***5815**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M.S.O. I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 99.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 26.5.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Suárez Otero (***7506**) e Manuela Ordóñez Fernández (***7364**).

Novo titular: Óscar Suárez Pimentel (***5815**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de novembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña