Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48274

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade da concesión dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2020.

Mediante a Resolución do 18 de agosto de 2020 (DOG núm. 174, do 28 de agosto), aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2020.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos recollidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

Debido á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 substituíuse a reunión prevista para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propoñer o acordo de concesión por comunicacións a través do correo electrónico efectuadas entre o 13 e o 19 de novembro, e nesta data quedou establecido o acordo de concesión ás catro persoas galardoadas.

O 23 de novembro recibiuse a aceptación expresa das persoas propostas e a acreditación da súa vinculación a un centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 10 que a persoa titular da presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) ditará a resolución do premio que será inapelable, e farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es e da ACIS www.acis.sergas.gal

Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 2020-12.A1-411A-480.00/Proxecto 2018/00003 dos orzamentos do ano 2020 da ACIS:

a) Primeiro premio cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).

b) Segundo premio cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

c) Primeiro accésit (sen dotación económica).

d) Segundo accésit (sen dotación económica).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Persoas premiadas

Núm.

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe
do premio

Margusino-Framiñán, L.

Effectiveness and safety of daclatasvir/sofosbuvir with or without ribavirin in genotype 3 hepatitis c virus infected patients. Results in real clinical practice

Servizo de Farmacia, Hospital Universitario da Coruña (CHUAC)

Grupo de Investigación de Viroloxía Clínica. Instituto de Investigación Biomédica A Coruña

3.000,00 €

Freijomil-Vázquez, Carla

Health care informational challenges for women diagnosed with cervical intraepithelial neoplasia: a qualitative study

Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Universidade da Coruña, Campus de Esteiro, Ferrol

Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde (CCSS), Grupo de Investigación Cardiovascular (Grincar), Universidade da Coruña, Ferrol

1.500,00 €

accésit

Borrajo, A.

Different Patterns of HIV-1 Replication in MACROPHAGES is Led by Co-Receptor Usage

Group of Virology and Pathogenesis, Galicia Sur Health Research Institute (IIS Galicia Sur)-Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Sergas-UVigo

_

accésit

Purrinos-Hermida, M.J.

Modifying therapeutic behaviours in gonococcal infections

Servizo de Epidemioloxía. Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade

_