Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se dá audiencia aos interesados nun procedemento de baixa e cancelación de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 25 de novembro de 2020

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Nuevo Eidos.

Signatura: V-PO-008971.

Razón social: Angélica Ramos Azulino.

Domicilio: Os Eidos, Atios, 47.

Concello: O Porriño.