Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Unha vez tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidas da súa petición.

Ourense, 24 de novembro de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 42322.

DNI/NIE/PAS: AU951174.

Último enderezo coñecido: rúa Extramuros, nº 20, 32400 Ribadavia (Ourense).

Nº de expediente: 42369.

DNI/NIE/PAS: 063307892.

Último enderezo coñecido: rúa Carreira, nº 12, Señorín (San Roque), 32500 O Carballiño (Ourense).