Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de arquitecto como funcionario de carreira.

Por Decreto da Alcaldía número 202011/162 emitido na data do 11.11.2020, resolveuse nomear a Martín Cerreda Álvarez, con DNI número ***2952**, funcionario de carreira do Concello de Ribeira, para ocupar a praza de arquitecto, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, grupo A, subgrupo A1, incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2018.

Este nomeamento terá efectos económicos e administrativos desde a data en que se tome posesión da referida praza, agás que na toma de posesión se dispoña outra data para a súa efectividade.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 11 de novembro de 2020

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde