Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48156

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020.

No DOG núm. 147, do 23 de xullo de 2020, publicouse a Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2020-2021 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Segundo o punto 2 do artigo 50 da Orde do 9 de xullo de 2020, de producirse remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada programa, procederase á reasignación das contías sobrantes para atender as necesidades de crédito doutros programas.

No programa I de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (procedemento TR341K) e no programa III de axudas ao custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, non existe crédito suficiente na anualidade 2020 para atender a todas as solicitudes. Por outra parte, no programa II de axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego (procedementos TR341E e TR341N), unha vez revisados todos os expedientes compróbase que existe remanente de crédito que se pode reasignar a os outros programas.

En consonancia co parágrafo anterior, o artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o exposto e co fin de atender máis solicitudes dos programas de axudas I e III da Orde do 9 de xullo de 2020

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2020-2021, redistribuíndo o crédito asignado en cada programa de axudas para a anualidade 2020 e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Procedementos

Programa de axudas

Aplicacións

Incremento

Minoración

TR341K

Programa I

09.40.324C.470.3

09.40.324C.481.3

5.000

Total

5.000

TR341E

TR341N

Programa II

09.40.324C.470.3

150.000

09.40.324C.481.3

15.000

Total

165.000

TR341M

Programa III

09.40.324C.470.4

150.000

09.40.324C.481.4

10.000

Total

160.000

165.000

165.000

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2020

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social