Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 23 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento de documentación nun procedemento de legalización de obras de impermeabilización de terraza porque, tentada a notificación, non se puido efectuar (expediente 2025/2019).

O Servizo de Xestión Cultural de Pontevedra requiriu con data do 22 de setembro de 2020 documentación adicional no procedemento de autorización de legalización de obras de impermeabilización de terraza. Tras tentar a notificación persoal desta resolución, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único citado. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O que se lle notifica á persoa titular do establecemento referido no dito anexo para que, no prazo de 15 días, poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra.

Pontevedra, 23 de novembro de 2020

María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Procedemento: autorización de patrimonio.

DNI: 05220254J.

Acto notificado: requirimento de documentación do expediente 2025/2019.