En virtude do establecido nos artigos 7 e 8, parágrafo segundo, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 25 do seu regulamento de réxime interno, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, por proposta conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e das consellerías de Facenda e Administración Pública e de Emprego e Igualdade, logo de consulta ás entidades, organizacións e asociacións representadas no Consello, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de decembro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Artigo único
Noméase secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia a Manuel Martínez Varela.
Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Turismo