Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de novembro de 2020 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia da Coruña (GA/19/001.09.03).

Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 18 de novembro de 2020 aprobáronse provisionalmente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia da Coruña que se relacionan neste anuncio.

Por isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e no Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental, sométense ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia da Coruña que a continuación se relacionan:

Estrada

Treito

P.Q. inic.

P.Q.
fin

Lonx. (km)

Concellos

AG-11

Padrón (N-550)-Ribeira (AC-550)

0,00

40,06

40,06

Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira

AG-55

A Coruña (enl. AC-552)-enl. Carballo sur (AC-552)

2,83

35,36

32,53

A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo

AG-56

A Rocha (SC-20)-Brión (AC-543)

0,00

12,58

12,58

Santiago de Compostela, Ames, Brión

AG-59

Santiago de Compostela (AP-53)-enl. CP-8201

0,00

4,39

4,39

Teo

AG-64

Enl. P. I. Río do Pozo-enl. Ortigueira (AC-862)

2,69

12,45

9,76

Narón, San Sadurniño

CG-1.5

Brión (AG-56)-enl. San Paio (AC-543)

12,58

27,15

14,57

Brión, Rois, Lousame, Noia

VG-1.2

Vilar do Colo (pol. ind.)-enl. S. Xoán Piñeiro (AC-122)

0,00

2,18

2,18

Fene, Mugardos

AC-115

Enl. AP-9-Xubia (AC-862)

2,38

4,71

2,33

Neda

AC-133

Fene (N-651)-Maniños (estr. dip.)

0,00

3,82

3,82

Fene

AC-164

Guísamo (N-VI )-Ínsua (N-651)

0,00

7,24

7,24

Bergondo, Paderne

AC-174

Perillo (AC-175)-Oleiros (DP-5813)

0,29

4,34

4,05

Oleiros

AC-183

Sada (ponte río Vao)-Serra (DP-5813)

0,72

1,17

0,45

Sada

AC-211

San Pedro (N-VI-lím., mun. na Ría do Burgo

0,00

0,68

0,68

Cambre, Culleredo

AC-211

Lím. mun. en Fonteculler-A Pasaxe (N-VI)

3,35

3,51

0,16

Culleredo, A Coruña

AC-305

Enl. Boiro leste (AG-11)-Boiro (desvío enl. Boiro norte AG-11)

22,24

23,73

1,49

Boiro

AC-305

As Saíñas-Ribeira (AC-550)

38,06

39,71

1,65

Ribeira

AC-415

A Coruña (rolda de Outeiro)-Meicende (lím. concello)

0,00

2,42

2,42

A Coruña, Arteixo

AC-418

Carballo (AG-55)-Buño Sur (AC-414)

0,00

6,95

6,95

Carballo, Malpica de Bergantiños

AC-523

Culleredo (A-6)-O Corgo (AC-400)

0,00

8,40

8,40

Culleredo, A Laracha

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Bertamiráns (AG-56)

0,50

6,25

5,75

Santiago de Compostela, Ames

AC-544

Bertamiráns (AC-543)-Negreira (AC-447)

0,00

8,04

8,04

Ames, Brión, Negreira

AC-550

Ribademar (AC-554)-Noia (AC-311)

68,05

72,67

4,62

Outes, Noia

AC-550

Taramancos (AC-549)-Porto do Son

76,17

86,98

10,81

Noia, Porto do Son

AC-550

Oleiros (AC-302)-glor. AG-11 (Ribeira)

103,63

107,87

4,24

Ribeira

AC-551

Saída 7 (AG-55)-Sabón (AC-552)

0,00

1,26

1,26

Arteixo

AC-552

A Coruña (A Grela)-Carballo (rúa Portugal)

0,00

31,00

31,00

A Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo

AC-552

Carballo (rúa do río Anllóns)-Coristanco (CP-1912)

31,90

36,51

4,61

Carballo, Coristanco

AC-552

Dumbría (AC-199)-Cee (AC-550)

80,67

91,11

10,44

Dumbría, Cee

AC-566

Valdoviño (AC-116)-inicio travesía Valdoviño

10,72

12,02

1,30

Valdoviño

AC-840

Enl. A-6-Oza dos Ríos

2,45

8,07

5,62

Oza-Cesuras

AC-841

Santiago de Compostela (SC-11)-Cacheiras (CP-8202)

0,00

4,59

4,59

Santiago de Compostela, Teo

AC-841

Pontevea (AG-59)-lím. provincia

8,41

11,71

3,30

Teo, A Estrada

AC-861

As Pontes (AC-118)-AC-564

27,51

29,05

1,54

As Pontes de García Rodríguez

AC-862

Ferrol (lím. concello)-Xubia (AC-115)

1,58

7,33

5,75

Ferrol, Narón, Neda

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no que os mapas poderán ser examinados polas persoas que o desexen co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que estimen oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña), e nas respectivas casas dos concellos antes relacionadas. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópanse á disposición dos interesados os documentos completos dos mapas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas