Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48172

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria).

Convocada mediante a Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG nº 207, do 14 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria), anunciado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG nº 207, do 14 de outubro).

Segundo. Declarar deserto o posto convocado.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 23 de novembro de 2020

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo