Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de novembro de 2020, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Ferrol (aloxamentos protexidos).

De conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinala no anexo para seren notificadas por comparecencia no proceso de 2ª adxudicacións de Ferrol (aloxamentos protexidos) iniciado por Resolución do 19 de febreiro de 2020.

O acto adoptouno a xefa de Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de novembro de 2020

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

81316

32919264P

Trámite de audiencia

91122

03954589S

Trámite de audiencia

86245

X7559293K

Trámite de audiencia