Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48101

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública relativa ao expediente expropiatorio urbanístico para a execución das obras de ampliación de accesos a Requiás e Guntumil, no termo municipal de Muíños.

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, por delegación de competencia do Pleno (BOP nº 171, do 27 de xullo de 2019), na súa sesión ordinaria celebrada o 2 de novembro de 2020, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística para a execución das obras de ampliación de accesos a Requiás e Guntumil, no concello de Muíños, e sometelo a información pública.

O devandito proxecto de expropiación urbanística tramitarase polo procedemento de taxación conxunta previsto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e de conformidade co disposto nel faise público o proxecto de expropiación urbanística para a execución das obras de ampliación de accesos a Requiás e Guntumil, no termo municipal de Muíños, polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que calquera persoa física ou xurídica que resulte interesada poida examinar o expediente e formular as observacións e reclamacións que xulgue convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Durante o citado prazo dun mes, o expediente estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación Provincial de Ourense (rúa do Progreso, nº 32, Ourense 32003, 988 31 75 35, expropiaciones@depourense.es).

– Na sede electronica da Deputación Provincial de Ourense.

Bens e dereitos afectados polo citado proxecto de expropiación e relación das persoas titulares:

Expte.

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Propietario/a

Clasificación

m2

expr.

10

63

372

32052A063003720000RL

Ángela Costa Viejas

Labradío

Regadío

12,00

29

63

452

32052A063004520000RS

Domingo Vázquez Vázquez

Labradío

Regadío

24,00

Esta publicación servirá de notificación para os interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Ourense, 3 de novembro de 2020

O presidente da Deputación Provincial de Ourense
P.D. (Decreto delegación 11.7.2019)
Pablo Pérez Pérez
Deputado delegado de Cooperación