De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Castenda, no concello de Tordoia (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia
Durante o prazo sinalado as alegacións, os observacións ou as suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O proxecto de reestruturación parcelaria será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural