Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47818

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 26 de novembro de 2020 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (AS2002).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve anunciar a convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

AS2002. Profesor/a asociado/a T3 (anexo).

A información completa pódese consultar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando, «emprego» e despois «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas, pódense dirixir aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 26 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

AS2002-T15-570-A3-P5-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

p/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Linguaxes e Sistemas Informáticos

Departamento:

Informática

Titulación:

diplomado/enxeñeiro técnico/arquitecto técnico

Centro de traballo:

106 Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense)

Dedicación:

tempo parcial de 5 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Escola Superior de Enxeñaría Informática] (Campus de Ourense):

G151107 Informática: Algoritmos e Estruturas de Datos I

Praza nº 2.

Referencia:

AS2002-T15-570-A3-P5-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Linguaxes e Sistemas Informáticos

Departamento:

Informática

Titulación:

diplomado/enxeñeiro técnico/arquitecto técnico

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 5 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía] (Campus de Vigo):

G291110 Informática: Informática para a Enxeñaría

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo): G320203 Informática: Informática para a Enxeñaría

Praza nº 3.

Referencia:

AS2002-T15-570-A3-P6-01-02-03

Nº de prazas:

3

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Linguaxes e Sistemas Informáticos

Departamento:

Informática

Titulación:

diplomado/enxeñeiro técnico/arquitecto técnico

Centro de traballo:

106 Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense)

Dedicación:

Tempo parcial de 6 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Escola Superior de Enxeñaría Informática] (Campus de Ourense): G150403 Enxeñaría do Software II

G150405 Sistemas Operativos II

G151107 Informática: Algoritmos e Estruturas de Datos I

Praza nº 4.

Referencia:

AS2002-T15-570-A3-P6-04

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Linguaxes e Sistemas Informáticos

Departamento:

Informática

Titulación:

diplomado/enxeñeiro técnico/arquitecto técnico

Centro de traballo:

204 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

tempo parcial de 6 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación] (Campus de Pontevedra):

G091914 Novas Tecnoloxías Aplicadas á Xestión Pública e á Administración Pública

[Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía] (Campus de Vigo): G291110 Informática: Informática para a Enxeñaría

Observacións:

da docencia en Pontevedra e Vigo: centros 204 e 309 (Escola de Enxeñaría de Minas).