Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47738

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 20 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas do Programa II desta orde de convocatoria, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.1, código de proxecto 2015 00565, ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm.19, do 26 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

TR340E. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas
de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

Entidade beneficiaria

Concedido (2018)

Aplicación orzamentaria

Abaria Software, S.L.

23.750,00

09.40.322C. 472.1

Aleutos Solutions, S.L.

21.250,00

09.40.322C. 472.1

Aliadogs, C.B.

29.737,26

09.40.322C. 472.1

Ayecconomics Research Centre, S.L.

34.516,34

09.40.322C. 472.1

Biological Sporty Lab, S.L.

16.660,88

09.40.322C. 472.1

Custom Audio, S.L.

25.538,85

09.40.322C. 472.1

Dimelab, S.L.

8.561,25

09.40.322C. 472.1

E4Legal Analytics, S.L.

38.250,00

09.40.322C. 472.1

Emsamble System, S.L.

33.279,20

09.40.322C. 472.1

Icoda Innovation, S.L.

12.857,86

09.40.322C. 472.1

Innovaciones Tecnológicas Radón, S.L.

21.250,00

09.40.322C. 472.1

Kendra Realidades Alternativas, S.L.

31.500,00

09.40.322C. 472.1

Leaderbyte, S.L.

34.986,66

09.40.322C. 472.1

Minervas Voice, S.L.

16.072,75

09.40.322C. 472.1

Opseeker Tech, S.L.

3.995,00

09.40.322C. 472.1

Psico Vr, S.L.

7.500,00

09.40.322C. 472.1

Sgx Automarine Engineering, S.L.

5.221,75

09.40.322C. 472.1

Sigillum Knowledge Solutions, S.L.

92.964,19

09.40.322C. 472.1