Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do inicio do prazo de presentación de solicitudes para os procesos selectivos da oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 17 de novembro de 2020 publicáronse as bases específicas das prazas de enxeñeiro/a de camiños, canles e portos, enxeñeiro/a industrial, enxeñeiro/a técnico/a industrial e técnico/a de administración xeral, incluídas nesta segunda fase da convocatoria.

As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público correspondente aos anos 2017, 2018 e 2019 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 7 de xullo de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, para persoal laboral pola quenda de promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 18 de noviembre de 2020

O alcalde
P.D. (Delegación competencial polos decretos do 18.6.2019, 26.6.2019 e 2.9.2019
e acordos da Xunta de Goberno Local do 20.6.2019, 4.7.2019 e 5.9.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal