Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (116/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 116/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía Moreira Casanova contra Renuevate Gestion de Construccion, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foi ditado o auto de aclaración de sentenza do 14.9.2020 en cuxa parte dispositiva consta o seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Que ha lugar á aclaración de sentenza do 14 de setembro de 2020 e que se modifique a súplica da demanda, o cal quedará do teor literal seguinte:

“Estímase a demanda formulada por Estefanía Moreira Casanova contra empresa Renuevate Gestion de Construccion, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Renuevate Gestion de Construccion, S.L. á traballadora.

– Condénase a empresa Renuevate Gestion de Construccion, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.612,39 euros, aboamento que determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 55,88 euros diarios”.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interporse contra resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Renuevate Gestion de Construccion, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza