Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (MGT 125/2020-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 125/2020-MA por instancia de Johanna Rubio Pimentel contra RBR Picoteo y Restauración 2018, S.L. sobre MGT, nos cales recaeu Sentenza en data do 14 de setembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo estímase a demanda interposta por Johanna Rubio Pimentel fronte á empresa RBR Picoteo e Restauración 2018, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase nula a modificación substancial das condicións de traballo imposta pola empresa RBR Picoteo e Restauración 2018, S.L. á traballadora Johanna Rubio Pimentel.

– Condénase a empresa RBR Picoteo y Restauración 2018, S.L. a repoñer a Johanna Rubio Pimentel nas súas anteriores condicións de traballo (xornada semanal de 40 horas).

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da materia, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bar RBR Picoteo y Restauración 2018, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 11 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza