Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2016/0065-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza firme ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo, recaída no procedemento número 271/2017, polo accidente laboral da traballadora Ana María Rivera Rodeiro.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (24.2.2016).

• Escrito de alegacións (18.3.2016).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2016/0065-4.

Acta: I362016000009917.

Empresa: Panadería Magallanes, S.L.U.

NIF: B27777754.

Enderezo: rúa Toledo, 71, baixo, Vigo.

Vigo, 19 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica