Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres XC-02004-O-2019 e tres máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02004-O-2019 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas , a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Nas resolucións dos expedientes sancionadores estimouse que non procedía a imposición de ningunha sanción.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

XC-02004-O-2019

2786-KKK

52492263F

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

18.5.2019; 12.16.00; N-547; 82,8

Art. 60 da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

0 euros

XC-02034-O-2019

PO-8438-BS

52492263F

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

18.5.2019; 12.20.00; N-547; 82,8

Art. 60 da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

0 euros

XC-02064-O-2019

PO-8438-BS

52492263F

Carecer do preceptivo documento no cal se deben formular as reclamacións das persoas usuarias ou negar ou obstaculizar a súa disposición ao público.

18.5.2019; 12.21.00; N-547; 82,8

Art. 61 da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

0 euros

XC-02108-O-2019

2786-KKK

52492263F

Carecer do preceptivo documento no cal se deben formular as reclamacións das persoas usuarias ou negar ou obstaculizar a súa disposición ao público.

18.5.2019; 12.18.00; N-547; 82,8

Art. 61 da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

0 euros