Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47627

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de novembro de 2020 pola que se resolve o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 235, do 20 de novembro de 2020, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 45914, onde di: «Dominio ERC de Neurociencias: Aswhin Woodhoo (***123***)», debe dicir: «Dominio ERC de Neurociencias: Ashwin Woodhoo (***123***)».