Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47444

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 16 de outubro de 2020.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica mediante, Resolución do 16 de outubro de 2020 (DOG núm. 214, do 23 de outubro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/á empregado/a público/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Resolución deste instituto do 16 de outubro de 2020.

Segundo. O cesamento no actual destino do/da empregado/a público/a que obtivo praza producirase no prazo de tres (3) días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a empregado/a público/a está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres (3) días hábiles senón implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o/a empregado/a público/a, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este instituto, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: De Miguel Bouzas, María Ángeles.

DNI (*): ***9774**.

Corpo ou escala: técnico superior. Persoal do Igape.

Código de posto: IN.IGAPE.00.002.4050210.

Denominación: subdirector/a de investimento.

Consellería: Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica.

Localidade: Santiago de Compostela.