Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial do escudo heráldico do Concello de Betanzos.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión realizada o día 29 de setembro de 2020, aprobou inicialmente o expediente para a adopción do escudo heráldico do Concello de Betanzos.

O dito expediente sométese a información pública polo prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede electrónica municipal e no taboleiro municipal de edictos, durante o cal os interesados poderán presentar as alegacións que coiden oportunas.

O que se fai público para xeral coñecemento e os efectos oportunos.

Betanzos, 15 de outubro de 2020

María Barral Varela
Alcaldesa