Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 31/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 31/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Tobío Domínguez contra a empresa Víctor Manuel Rodríguez Souto, de paradoiro descoñecido, e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Resolución: dilixencia de ordenación que convoca a comparecencia de incidentes, do 22.10.2020, e fixa o vindeiro día 9.12.2020, ás 9.30 horas, para a realización da comparecencia.

Recurso e prazo: recurso de reposición en 3 días.

Persoa/empresa a quen se notifica: Víctor Manuel Rodríguez Souto.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma legal a Víctor Manuel Rodríguez Souto, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa publicación no DOG e a súa inserción en taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza