Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental para un cambio de actividade de forestal a agrícola na parroquia de San Pedro de Cervantes, termo municipal de Cervantes.

En cumprimento do establecido no artigo 36.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométense ao trámite de información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental para o cambio de actividade de forestal a agrícola de 15,02 ha do MVMC de Vilar de Mouros, parroquia de San Pedro de Cervantes, termo municipal de Cervantes (Lugo).

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará ao dispor do público, para consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, 70, baixo 2º) e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

O proxecto de cambio de actividade será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinaria. O órgano substantivo é a Xefatura Territorial de Lugo.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse á Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 16 de novembro de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo