Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Corpo de facultativo superior de servizos sociais, especialidade de medicina,
de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1
– Tribunal titular:
Presidencia:
María Mercedes Lanza Gándara, persoal funcionario do corpo especial de inspección médica.
Secretaría:
Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
Luis González Taboada, persoal estatutario, médico de urxencias hospitalarias.
Silvia Reboredo García, persoal estatutario, farmacéutica de atención primaria.
José Santalo Ríos, persoal estatutario, farmacéutico de atención primaria.
– Tribunal suplente:
Presidencia:
Francisco Morán Losada, persoal estatutario, grupo técnico de función administrativa.
Secretaría:
María José Valenzuela Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
Alberto López Suárez, persoal estatutario, grupo técnico de función administrativa.
Cristina Maroñas Lorenzo, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de Bioloxía, subgrupo A1.
José Ramón Caeiro Rey, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, especialidade Traumatoloxía.