Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga unha concesión temporal de carácter experimental.

De conformidade co artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que mediante Resolución do 13 de novembro de 2020, da Consellería do Mar, se lle outorgou a Manuel Antonio Boo Pardavila unha concesión temporal de carácter experimental para preengorda de moluscos bivalvos nas cuadrículas 113 e 130 do polígono B do distrito marítimo do Caramiñal.

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 22 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, inserido no Diario Oficial de Galicia núm. 160, do 11 de agosto.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica