Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se notifica o procedemento de prohibición de contratar e se concede o trámite de audiencia.

Intentada a notificación no domicilio e no correo electrónico sinalados para efectos de notificación e ao non poderse efectuar, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por este anuncio, a Área Sanitaria da Coruña e Cee notifica a Amilaxa Servicios Generales, S.L.; CIF B-70311311, o acto administrativo de inicio de procedemento de prohibición de contratar.

Concédeselle trámite de audiencia para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, poida presentar alegacións, así como os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, é informada de que o expediente completo se encontra no Servizo de Contratación da Área Sanitaria da Coruña e Cee (Hospital Abente e Lago. Pº Sir John Moore, nº 2, Edificio Antiga XAP, 2ª planta, 15001 A Coruña), así como o acto obxecto desta notificación que, en virtude do establecido no artigo 46 da citada Lei 39/2015, non se publica na súa integridade.

A Coruña, 17 de novembro de 2020

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee