Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (349/2017-R).

Eu, José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento seguido por instancia de Rafael Luque Guzmán fronte a Rubén Martínez Pazos se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«En nome do rei, Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, ditou a seguinte

Sentenza 126/2018.

Pontevedra, 6 de novembro de 2018

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 349/2017-R, sobre responsabilidade de administrador, en que son partes o demandante Rafael Luque Guzmán, asistido polo letrado Sr. González Cuenca e representado polo procurador Sr. Gómez Feijoo, e o demandado Rubén Martínez Pazos, en situación de rebeldía procesual.

Fallo:

Estimando substancialmente a demanda interposta por Rafael Luque Guzmán, asistido polo letrado Sr. González Cuenca e representado polo procurador Sr. Gómez Feijoo, contra o demandado Rubén Martínez Pazos, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a suma de 5.448,79 euros, máis a cantidade que en concepto de xuros se determine que lle incumbía afrontar a Areoso Galicia Obras y Servicios, S.L. no proceso de execución seguido contra esta ante o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cambados –dimanante de xuízo cambiario 49/2010–, co límite que foi reclamado na demanda que deu inicio a este proceso; con el, a cuantificación da cantidade que se deberá satisfacer en concepto de custas e xuros consistirá nunha pura operación aritmética (artigo 219 da LAC), ben que co límite máximo da cantidade reclamada neste concepto na demanda reitora, que non se pode exceder ante o risco de incorrer en incongruencia (artigo 218 da LAC). Todo iso incrementado cos xuros legais, que se devindicarán desde a interpretación xudicial (12 de decembro de 2017) e ata a data da sentenza, en que será de aplicación o establecido no artigo 576 da LAC.

Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E ao estar o dito demandado, Rubén Martínez Pazos, en paradoiro descoñecido, en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto notifícase a Rubén Martínez Pazos a anterior resolución para os efectos pertinentes.

Pontevedra, 9 de novembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza