Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego (expediente 16-10-2020/2.1.D).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle á persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria e solicitante de prestacións por desemprego que se sinala no anexo, a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social . A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber á persoa interesada que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito, en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada durante ese prazo poderá comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese a persoa interesada que se, transcorrido o dito prazo, non achega alegacións en tempo e forma, será ditada a correspondente resolución por esta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificarlle a resolución pertinente.

Lugo, 13 de novembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Mihaela María Canciu

16-10-2020/2.1.D

Inicio do procedemento sancionador

Guitiriz