Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución dunha compatibilidade de actividade privada, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación da resolución dunha solicitude de compatibilidade a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, procedendo a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Polo tanto, notifícaselle á entidade interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución de compatibilidade con actividade privada.

O representante da entidade pode recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a persoa interesada compareza.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

NIF: G94194594.

Acto de notificación: resolución de compatibilidade.