Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de novembro de 2020, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Troáns-sector I (Cuntis-Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Troáns-sector I (Cuntis-Pontevedra) que, con data do 8 de novembro de 2020, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e os planos que a compoñen, mediante este acto apróbase o acordo de concentración parcelaria da zona de Troáns-sector I (Cuntis-Pontevedra).

Conforme o establecido no punto 3 do artigo 16 da dita lei, queda disolta a Xunta Local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou da publicación substitutiva.

Pontevedra, 16 de novembro de 2020

María José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra