Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo do 20 de xullo de 2020 que rectifica un erro material observado na zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei).

De conformidade con disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase ao interesado, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente da zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei, Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Expediente: resolución.

Acto notificado: Resolución do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo do 20 de xullo de 2020 que rectifica un erro material observado na zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei, Lugo).

Durante o prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19 a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Lugo, 13 de novembro de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de propietario

DNI

562

33664901P