Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 207/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 207/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ramón García Hermida e Emilio Martínez Torres contra a empresa Nexia Infraestructuras, S.L.U., sobre despedimento, se ditou Sentenza do 3.11.2020, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Nexia Infraestructuras, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza