Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46652

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Resolución do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2020 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

BDNS (Identif.): 534892.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar o crédito, para o exercicio 2020, destinado ás axudas establecidas na Orde do 22 de maio de 2018.

Segundo. Bases reguladoras

Orde do 22 de maio de 2018 pola que que se ditan, con carácter permanente, as normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG núm. 108, do 7 de xuño de 2018).

Terceiro. Importe

Para o ano 2020 o importe é de 100.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.324A.470.0, código de proxecto 2015/00508.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais