Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/2418-2 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 2 de novembro de 2020

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 11.4 do Decreto 245/2009, do 30 de abril)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

PR204A2019/2418-2

05319909D

Revogación por incompetencia

PR204A2020/1046-2

33554578Q

Denegación do dereito

PR204A2020/1906-2

X9144372D

Denegación do dereito

PR204A2020/2025-2

44838259N

Denegación do dereito

PR204A2020/2303-2

33998350A

Denegación do dereito

PR204A2020/2516-2

33325586N

Denegación do dereito

PR204A2020/2545-2

33825931S

Denegación do dereito

PR204A2020/2591-2

79336266C

Denegación do dereito

PR204A2020/2702-2

34274743M

Denegación do dereito

PR204A2020/2709-2

33335615J

Denegación do dereito

PR204A2020/2714-2

33333843N

Denegación do dereito

PR204A2020/2716-2

Y3701369Q

Denegación do dereito

PR204A2020/2717-2

33545222K

Denegación do dereito

PR204A2020/2747-2

33327804E

Denegación do dereito