Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46639

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 17 de novembro de 2020 pola que se nomean o presidente e os vicepresidentes do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, tras o proceso electoral convocado mediante a Orde do 8 de xullo de 2020.

Tal e como establece a Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos membros do Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia (DOG núm. 163, do 14 de agosto de 2020), unha vez proclamadas as persoas vogais electas por Acordo da Xunta Electoral do 28 de outubro de 2020, este órgano procedeu á convocatoria do Pleno do Consello Regulador o día 13 de novembro de 2020.

Na dita sesión, presidida pola conselleira do Mar, as persoas vogais electas, todas presentes, tomaron posesión dos seus cargos e quedou constituído o Pleno. A seguir, na mesma sesión, o Consello en Pleno elixiu por maioría as persoas que van exercer os cargos de presidente/a e vicepresidentes/as, e a orde de prelación destes últimos.

Polo tanto, de acordo coas atribucións que teño conferidas polo Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, e seguindo o establecido na Orde do 8 de xullo de 2020,

DISPOÑO:

Artigo único. Noméanse as persoas que ocuparán os cargos da Presidencia e vicepresidencias do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, tras o proceso electoral convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020.

Presidencia: Depuradora de Moluscos La Sirena (Linamar, S.L.), representada por Adelina María Solla Sanmartín.

Vicepresidencia primeira: Francisco Antonio Alcalde García.

Vicepresidencia segunda: Conservas Antonio Alonso, S.A., representada por Iván Alonso-Jáudenes Curbera.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Mar