Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 81/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 81/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Impetu, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Constando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado a cantidade de 51,04 euros obtida dos embargos practicados, procédase a realizar transferencia bancaria a favor do executado Martín Villamil Enríquez polo dito importe en concepto de sobrante e dése copia do extracto do movemento.

– Ter por terminado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Antía Reino de la Campa fronte a Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Impetu, S.L., Fogasa.

– Alzar os embargos trabados nas actuacións a cuxo fin se librarán os oportunos oficios.

Arquívese o presente procedemento e dése de baixa nos libros correspondentes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Impetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza