Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46540

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 10 de xaneiro de 2020 (BOE do 27 de xaneiro), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Este reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte o da publicación de esta resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dos meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que, neste caso, se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2409/19

Mª Dolores Ramona

Torres López

***2444**

Catedrático/a de Universidade

Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Santiago de Compostela

A00585