Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2020/85-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construcción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domilio social: avda. do Concello, nº 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMT, CT Muíños.

Situación: A Lama.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 586 metros de lonxitude, con orixe nos pasos aéreos subterrános que se fan en dous apoios proxectados na LMT derivación a Berducido, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 100 kVA, con R.T. 20 kV/400 V, situado en Muíños, Gaxate, municipio da Lama.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 30 de xuño, no BOP do 25 de xuño, no xornal Faro de Vigo do 18 de xuño, no BOE do 5 de setembro de 2020 e no taboleiro de anuncios do Concello da Lama.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Remitiuse separata do proxecto ao Concello da Lama para que interpuxese condicionado técnico e este emitiu un informe desfavorable.

Respecto do condicionado emitido polo Concello da Lama compre salientar que a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, indica no seu artigo 53, respecto dos condicionados emitidos, que para a resolución da autorización administrativa de construción deben analizarse as condicións exclusivamente técnicas daquelas administracións públicas, organizacións ou empresas que prestan servizos públicos ou de interese económico xeral, só en relación cos bens e dereitos de propiedade afectados pola instalación. Polo tanto, o informe desfavorable do Concello da Lama, en relación coa parcela na que se sitúa o centro de transformación, excede o previsto no artigo 53.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Neste sentido modificouse o artigo 131 do Real decreto 1955/2000, que regula o procedemento das autorizacións administrativas previas e de construción, indicando actualmente que a Administración competente para a tramitación do expediente enviará as separatas do proxecto presentado ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou servizos de interese xeral afectados, con bens e dereitos ao seu cargo, co fin de establecer as condicións técnicas adecuadas, dentro de trinta días. Adicionalmente, indicar que a presente autorización se outorga sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver o expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Cumprironse os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro de 2017, en consecuencia, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuizo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 30 de outubro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra