Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 10 de novembro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00088-O-2020 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00088-O-2020 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre. Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas. Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra. Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas. No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 10 de novembro de 2020

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00088-O-2020

PO-5094-BS

76984064M

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

28.10.2019; 11.13; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00228-O-2020

PO-0601-BC

77463091B

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.11.2019; 20.42; AP-9; 137,5

Art. 199.9 ROTT

Art. 142.8 LOTT

Art. 201.b) ROTT

Art. 143.1 LOTT

201 euros

PO-00291-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas do día en curso e dos 28 días anteriores, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

28.11.2019; 10.16; AP-9; 137,542

Art. 197.40 ROTT

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.g) ROTT

1.001 euros

PO-01186-I-2020

76726013Z

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

15.7.2020

Art. 140.12 LOTT

Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-01360-I-2020

53976718L

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

24.8.2020

Art. 140.12 LOTT

Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-03045-O-2019

9886-DCR

76726013Z

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

17.3.2019; 8.00; N-552; 7,8

Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros