De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de novembro de 2020 do proxecto de ordenación forestal no monte veciñal en man común Montes Baixos de Candeda e Domiz, nas parroquias de Candeda e Domiz, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido pola CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) parroquias de Candeda e Domiz.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático