Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/261.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do «Proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito A Devesa-Bretoña. Puntos quilométricos 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06» que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 3 de decembro de 2020.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 11 de novembro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36900A18900244

López Tacón, Ángel Miguel

3.12.2020

10.00

2

36900A18900349

Landín Mariño, Cristina

3.12.2020

10.00

3

36900A18900296

Mariño López, Celia

3.12.2020

10.15

5

36900A18800164

Martínez Moldes, Alejandro

3.12.2020

10.30

12

17

36900A18800309

36900A18800317

Tilve Blanco, Severino

3.12.2020

10.45

18

36900A18800318

Blanco Lores, Eligio

3.12.2020

11.30

21

36900A18800329

Baqueiro González, Teresa

3.12.2020

11.45

23

36900A18800355

Chan Castro, Digna

3.12.2020

12.00