Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Río Tordia, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 2 (domicilio social) dos estatutos sociais da entidade Río Tordia, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral da entidade o 5 de setembro de 2020. O novo domicilio queda establecido na rúa das Leiteiras, nº 9, Polígono do Ceao, 27003Lugo.

Lugo, 9 de novembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.